TURIRAPA
A Asociación de Turismo Rural “Mar de Compostela”, organiza un paquete turístico que inclúe aloxamento + programa TuriRapa + entrada para ver o espectáculo da Rapa das bestas de Sabucedo, para todos aqueles que queiran unirse a unha viaxe organizada.
O programa TuriRapa invítate a descubrir a historia da Rapa das Bestas de Sabucedo e participar na festa. Inclúe unha ruta de senderismo e outras actividades para coñecer as paraxes naturais e os produtos gastronómicos do entorno coa comodidade de contar cunha casa de turismo rural na que o descanso está asegurado.
O programa TuriRapa dura 3 dias e 2 noites, de venres a domingo. Inclúe aloxamento nunha das casas de turismo rural da Asociación, cea tradicional o venres e o sábado, almorzo e ademáis ofrece un picnic para a comida do sábado pensado para poder desfrutar do ambiente festivo todo o dia.
PROGRAMACIÓN
VENRES
Chegada ao aloxamento de Turismo Rural
Recepción, entrega de material informativo e obsequio
20:00 h. Entrada á exposición sobre a Rapa das Bestas Sabucedo
21:30 h. Tiquet-Cea nos postos da Carballeira do Campo do Medio
22:00 Verbena
SÁBADO
Almorzo
12:00 Encontro no Celeiro e subida ao monte para participar na baixada das bestas
Picnic para comida campestre
18:00 h. Ruta dos muíños de Sabucedo
21:30 h. Tiquet-Cea nos postos da Carballeira do Campo do Medio
22:00 h. Verbena
DOMINGO
Almorzo
12:00 h. Entrada ao curro para presenciar a Rapa das Bestas
Fin da viaxe
PREZO: 140 €
Prezo por persoa en cuarto dobre e con seguro de viaxe.
Traslados a cada actividade programada non incluídos.
(opcion transfers dipoñíbel)
DATOS DE INTERESE
RAPA DAS BESTAS (WEB TURISMO DO CONCELLO DA ESTRADA)