PAZO A NUGALLA

Dámoslle a benvida ao Pazo A Nugalla, un aloxamento de turismo rural que aúna historia e natureza co confort do século XXI. Un lugar acolledor para os que se sinten atraídos polas belezas naturais de Galicia, situado nun entorno privilexiado con toda a maxia e o encanto dos pazos galegos.

Con orixe no século XVI, da man da Orden de San Juan de Jerusalén, posteriormente transformado en residencia familiar no século XVIII, o pazo foi coidadosamente restaurado por un dos arquitectos máis sobresalintes de Galicia, enchéndoo de luz e de belas perspectivas sobre a paisaxe que o rodea con todos os elementos precisos para asegurarlle unha estancia tranquila e agradable.

A súa óptima situación, próxima ao mar e a Santiago de Compostela, que está a menos de trinta minutos, con boas conexións con autovías, é ideal para facer excursións e como base para descubrir Galicia.

Veña a desfrutar do noso pazo, decorado con apreciables pezas de arte e antigüidades, das súas habitacións, cada unha delas deseñada dun modo peculiar, da piscina, do xardín e do maravilloso entorno co rodea.

Datos de Contacto


Pousada, Curantes
36686 A Estrada
Pontevedra

Tel.: +34 646741602
M: +34 654 834280
Web: www.nugalla.com
Email: pazoanugalla@gmail.com

Ver Mapa Localización