A QUINTELA

A casa rural “A Quintela” está emprazada na aldea de Quintelas de Abaixo, na parroquia de Dúas Igrexas, unha das trece parroquias que compoñen o Concello de Forcarei (Pontevedra). Atópase a media hora de Santiago de Compostela e a media hora de Pontevedra. Posúe seis habitacións dobres, todas con cuarto de baño e ducha, salón comedor, sala de estar, vestíbulo, lareira e cociña moderna.

Ten un total de 434 metros cadrados e procede da restauración dunha casa de labranza con máis de trescentos anos de antigüidade.

A distancia á capital do municipio, onde se atopan todos os servizos de administración, saúde, cultura e lecer, é de dous quilómetros. Tamén se atopa a trescentos metros da ruta de sendeirismo das Pontes do Lérez * e a seis quilómetros do mosteiro cisterciense de Santa María de Aciveiro**.

Datos de Contacto


Quintelas Número 3, Duas Igrexas
36549 – Forcarei
Pontevedra – GALICIA

Tel.: +34 622 37 32 11
Tel2: +34 608 15 89 94
Web: www.aquintela.com
Email: info@aquintela.com

Ver Mapa Localización