A CASA DO AVÓ
Moi preto da casa de O Palomar, a uns 50 m, sitúase esta construcción tan singular de principios do século anterior, restaurada e habilitada como casa rural no ano 2002 con todo tipo de comodidades respetando en cada detalle a súa condición galega.
É un aloxamento na aldea que dispón de seis habitacións dobres con baño individual, cada unha ten o seu encanto, todas elas contan con calefacción e televisión.
Os dormitorios teñen nomes de flores galegas en memoria da avoa que tanto disfrutaba con elas, como: Xazmín, Camelia, Orquídea, Hortensia, Caravel e Margarida. Ten un elegante e ampio salón con cheminea, sala de lectura, sala de xogos de mesa, ampla cociña e comedor, xardín con árbores frutais, terraza e patio interior. Tamén temos posibilidade de berces.
O mobiliario que decora a casa é unha combinación de obxetos restaurados pertencentes á familia e os recuperados desa mesma época, respectando su antigüidade e destacando a súa funcionalidade.
Datos de Contacto
Lugar A Sagrada, 35
36680 A Estrada
Pontevedra – GALICIA
Tel.: +34 682 52 81 29
Web: www.casasaperegrina.com/acasadoavo
Email: info@casasaperegrina.com