A MIMOSEIRA
A Mimoseira debe o seu nome ao entorno no que se ubica, xa que está situada en pleno bosque de mimosas, a través do cal discurre o Río Liñares.
Casa A Mimoseira é unha antiga casa de labranza que se reconstruiu en 1903 (ainda existen datos do 1837), e rehabilitada no 2000 polo Arquitecto Pedro de Llano para turismo rural respectando a súa estructura orixinal.
Dotada de todas as comodidades precisas para os nosos clientes, é unha edificación de pedra e madeira que fai as delicias de todos aqueles que nos visitan.
Esta casa rural está situada no municipio estradense en Nigoi, no centro de Galicia; zona rural que conta con abundantes festas gastronómicas e populares, como “A rapa das bestas”, festa declarada de Interese Turístico Internacional, así como a poucos kilómetros da Catedral de Santiago de Compostela entre outros monumentos de gran valor histórico.
Datos de Contacto
Pazo – Nigoi, 7
36684 A Estrada
Pontevedra
Tel.: +34 986 573 253
Tel. 2: 981 594 382
M: +34 629 839 426
Web: www.casamimoseira.com
Email: reservas@casamimoseira.com